miércoles, 25 de julio de 2012

25 de xullo Día de Galiza - 25 de julio Día de Galicia

Hoxe é 25 de xullo, festividade de Santiago Apóstolo e Día de Galiza, unha data para exaltar a nosa cultura e a nosa lingua, lonxe, como non, de temas políticos, lembrando sempre que o noso patrimonio, material e inmaterial, é unha herdanza que nos deixaron os nosos devanceiros e que nós estamos na obriga de conservar e mellorar para os nosos descendentes, como parte integrante do noso pasado, do noso presente e do noso futuro.
Hoy es 25 de julio, festividad de Santiago Apóstol y Día de Galicia, una fecha para exaltar nuestra cultura y nuestra lengua, lejos, como no, de temas políticos, recordando siempre que nuestro patrimonio, material e inmaterial, es una herencia que nos dejaron nuestros antepasados y que nosotros estamos obligados a conservar y mejorar para nuestros descendientes, como parte integrante de nuestro psado, de nuestro presente y de nuestro futuro.

Non podía escoller outro tema para a entrada do día de hoxe que a Catedral de Santiago de Compostela, tanto por ser o centro da peregrinación xacobea, como pola súa beleza e, tamén por unha certa relación coas miñas queridas terras de Deza.
No podía escoger otro tema para la entrada del día de hoy que la Catedral de Santiago de Compostela, tanto por ser el centro de la peregrinación jacobea, como por su belleza y, también por una cierta relación con mis queridas tierras de Deza.

Pensar tan só que cando se fixo a xoia románica do Pórtico da Gloria, no século XII, o arcebispo era Pedro Suárez de Deza, nativo desta bisbarra.
Pensar que cuando se hizo la joya románica del Pórtico de la Gloria, en el siglo XII, el arzobispo era Pedro Suárez de Deza, nativo de esta comarca.


E que cando Casas e Novoa levantou a fermosa fachada do Obradoiro, outro veciño destas terras, don Caetano Gil e Taboada, dirixía tamén o arcebispado.
Y que cuando Casas y Novoa levantó la hermosa fachada del Obradoiro, otro vecino de estas tierras, don Cayetano Gil y Taboada, dirigía también el arzobispado.


Por tal motivo, vou centrar esta entrada en dous lugares que non son dos máis coñecidos da catedral compostelá: as excavacións baixo a nave e as cubertas. As fotografías son do ano 2005, feitas con motivo dunha "visita de traballo", pois daquela aínda non se ofertaba a todo o mundo o ver os restos arqueolóxicos debaixo do templo.
Por tal motivo, voy a centrar esta entrada en dos lugares que no son de los más conocidos de la catedral compostelana: las excavaciones bajo la nave y las cubiertas. Las fotografías son del año 2005, hechas con motivo de una "visita de trabajo", pues en aquel momento todavía no se ofertaba a todo el mundo ver los restos arqueológicos debajo del templo.

Comezo cunhas imaxes do subsolo e algunha dos nosos devanceiros
Comienzo con unas imágenes del subsuelo y alguna de nuestros antepasados








Unhas imaxes do interior da catedral
Unas imágenes del interior de la catedral




E xa a visita ás cubertas, totalmente recomendable, cunhas fermosas vistas de todo o casco antigo de Santiago de Compostela
Y la visita a las cubiertas, totalmente recomendable, con unas hermosas vistas de todo el casco antiguo de Santiago de Compostela










E desde a Cruz dos Farrapos, onde os que viñan en peregrinación queimaban o que restaba das súas vellas vestimentas, un saúdo para todos vós
Y desde la Cruz de los Harapos, donde los que venían en peregrinación quemaban lo que quedaba de sus viejas vestimentas, un saludo para todos vosotros







3 comentarios:

  1. Celebra bien el día pero cuidadín con el ribeiro.

    Saludos, Loli

    ResponderEliminar
  2. Gracias a ambos, Loli y Martín.
    Loli, como no soy de beber, mucho vino no pruebo, pero, sin despreciar el ribeiro, me decanto por el albariño en blancos y un buen mencía en tintos.
    Un saludo.
    César.

    ResponderEliminar